Comisión Executiva

Principais competencias da Comisión Executiva:

 

. Coñecer a orde do día das sesións ordinarias do Consello de Administración, cunha antelación mínima de cinco días, así como ser informada Das sesións extraordinarias con anterioridade á súa celebración.

 

. Recibir información sobre a actividade do Consorcio e analizar, estudar e preparar os acordos que deban ser adoptados polo consello.

 

. Ser informada Das decisións adoptadas polo presidente do Consorcio no exercicio das competencias e facultades que lle delegou o Consello de Administración.

 

. Propor ao Consello de Administración do Consorcio as medidas necesarias para o seu mellor funcionamento, no cumprimento dos seus fins.

 

. Acordar, no seu caso, a constitución de comisións deliberantes e de estudo, de carácter temporal, para informar sobre temas relevantes acerca dos que deban adoptar acordos os órganos de goberno e administración do Consorcio.

 

. Elaborar o Regulamento Orgánico e de Funcionamento Interno do Consorcio, e propor ao Consello de Administración a programación anual da súa actividade e a relación de postos de traballo e das súas formas de provisión, que serán aprobadas polo Consello de Administración, conforme á normativa de aplicación.

 

. Informar, antes da súa aprobación polo Consello de Administración, a proposta de orzamento anual do Consorcio e a liquidación do orzamento anual. As competencias delegadas polo Consello de Administración serán definidas no Regulamento Orgánico regulador da Comisión Executiva do Consorcio.

 

 

Presidenta
Dna. Goretti Sanmartín Rei
Alcaldesa de Santiago de Compostela


Vogais
D. Juan Ángel Esteban Paul 
Inspector xeral do Ministerio de Facenda
Dna. Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia 


Secretario
D. José Manuel González García
Vicesecretario do Concello de Santiago de Compostela e secretario do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela


Teñen dereito de asistencia, con voz e sen voto:

D. Borja Verea Fraiz
Concelleiro do Concello de Santiago de Compostela

D. Gonzalo Muíños Sánchez
Concelleiro do Concello de Santiago de Compostela

D. Francisco Javier Ulloa Arias
Interventor do Concello de Santiago de Compostela e responsable de control do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela 

Dna. Belén Hernández Lafuente
Xerente do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela

 

Por invitación da presidencia:
Dna. María Rozas Pérez
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela