O Consorcio de Santiago celebra a súa Comisión Executiva

Comisión Executiva decembro 2024
martes, 10 Decembro, 2024

O Consorcio de Santiago reuniu este luns 9 de decembro a súa Comisión Executiva. A xuntanza estivo presidida pola alcaldesa da cidade e presidenta do organismo interadministrativo, Goretti Sanmartín, e realizouse de forma telemática.

 

Así mesmo, participaron pola Administración Xeral do Estado, Ángel Esteban Paul, inspector xeral do Ministerio de Facenda; pola Xunta de Galicia, Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e en representación do Concello de Santiago de Compostela, os concelleiros Gonzalo Muíños Sánchez e Borja Verea. Asistiron tamén á xuntanza José Manuel González García, vicesecretario do Concello de Santiago e secretario do Consorcio, Francisco Javier Ulloa Arias, interventor do Concello e responsable de control do Consorcio e Belén Hernández Lafuente, xerente do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela.

 

No transcurso da reunión tratáronse varios asuntos de trámite e avanzouse nas liñas de orzamento do ano que ven.