O Consorcio de Santiago reúne a súa Comisión Executiva

Comisión Executiva
xoves, 7 Maio, 2026

O Consorcio de Santiago reuniu este xoves 7 de maio a súa Comisión Executiva. A xuntanza estivo presidida pola alcaldesa da cidade e presidenta do organismo interadministrativo, Goretti Sanmartín Rei, e tivo lugar na sede do Consorcio de Santiago no Pazo de Vaamonde.

 

Así mesmo, participaron pola Administración Xeral do Estado Ángel Esteban Paul, inspector xeral do Ministerio de Facenda; pola Xunta de Galicia, Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e en representación do Concello de Santiago de Compostela, o concelleiro Gumersindo Guinarte Cabada. Asistiron tamén á xuntanza José Manuel González García, secretario do Concello de Santiago e secretario do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela; Marta Oviedo Creo, interventora do Concello e responsable do control do Consorcio; e José Antonio Domínguez Varela, xerente do Consorcio.

 

No transcurso da reunión aprobouse, entre outros asuntos de trámite necesarios para o correcto funcionamento do organismo, a temporada de verán deste ano da Real Filharmonía de Galicia.